Asociación Entomolóxica Galega

[Español] [Português] [English


PRESENTACIÓN

        Co gallo de dar pulo ós estudios entomolóxicos na Comunidade Autónoma de Galicia, constituiuse a Asociación Entomolóxica Galega "Luis Iglesias" (AEGA). A súa intención é agrupar e servir de voceiro a tódalas persoas e institucións que teñan algo que dicir sobre a súa fauna entomolóxica e que se sintan comprometidas co seu estudio.
        O seu ámbito prioritario de actuación constitúeo Galicia, estando tamén aberta, por razóns xeográficas e culturais, ás provincias limítrofes tanto de España como de Portugal. 

 

       O fin da AEGA é o estudio da entomoloxía en sentido amplo, facendo fincapé na sistemática e faunística dos artrópodos. Xunto a súa laboura científica, AEGA ofrece asesoramento ás ONGs e organismos públicos que así o desexan, especialmente no que a protección de invertebrados e educación ambiental se refire.

       O funcionamiento da AEGA se realiza a través de Internet. Nas diferentes seccións desta web centralízase a información existente sobre a fauna entomolóxica galega. Hai unha lista de distribución interna que permite unha rápida comunicación entre os socios. Este funcionamiento é posible gracias ó apoio ofrecido por RedIris e polos coordinadores da Comunidad Virtual de Usuarios de Entomología.


Página creada en enero de 2000
Última actualización: martes, 16 de julio de 2002


Imprimir

Volver a la última página visitada   [ Mapa de la AEGA ] [ Guía de la CV-e ]

© 1999-2002 AEGA, Asociación Entomolóxica Galega "Luis Iglesias" -  CV-e Comunidad Virtual de Entomología - http://entomologia.rediris.es - admin@entomologia.rediris.es  Estadísticas